martes, 26 de abril de 2016

Semana da prensa

Para traballar a semana da prensa, este curso, comezamos recibindo unha charla por parte dun xornalista de El Progreso moi interesante, analizamos a historia e evolución deste xornal dende a súa fundación en 1908, fixemos noticias, recopilamos algunhas fotos nosas que saíran no xornal..
Queremos agradecer ao noso compañeiro Nuno toda a información, fotos e datos interesantes que nos mostrou e tamén a Memé pola súa axuda e orientación neste traballo.